quinta-feira, 16 de dezembro de 2010

CEME e Exposição Felix Marti Alpera

Leitores,

Estamos postando um convite  para visitarem a Exposição Virtual Felix Marti Alpera (1875 - 1946),  segue abaixo o Convite realizado pelo Profº Vicent Peña Saavedra especialmente para o nosso Blog para a visita da Exposição. O link também ficará disponível em nossa página de Eventos. Aproveitem!!!!

O PORVIR FEITO PRESENTE DA HERDANZA EDUCATIVA

Pola súa moderna e atractiva presentación, polo rigoroso tratamento dos seus contidos e por ocuparse dunha figura cardinal no plantel de educadores de fonda raizame renovadora e europeísta na España da fronteira dos séculos XIX ao XX, convido a todos a que visiten por vía virtual, dende calquera lugar no que se encontren, a Exposición Félix Martí Alpera (1875-1946): un maestro y la escuela de su tiempo, producida e realizada polo equipo do Centro de Estudios sobre la Memoria Educativa (CEME) de la Universidad de Murcia, baixo o comisariado do Prof. Dr. Pedro Luis Moreno Martínez. Xa a piques de pechar a súa primeira andaina en versión material, nestes intres figura tamén aloxada no Museo Virtual de Historia de la Educación de la Universidad de Murcia (MUVHE), paradigma da museografía en formato electrónico que agora se atopa nunca fase emerxente, aínda que xa moi vizosa e fértil en España. Alí, dende a seguinte ligazón a poderán percorrer todos os interesados no tema:

Sen lugar a dúbidas, esta mostra marca itinerarios polos que teremos que transitar de agora en diante cantos nos ocupamos de recuperar e valorizar a memoria escolar e o patrimonio histórico-educativo, achegándoo á sociedade e á cidadanía da que sempre proveñen e ás que cómpre facelas retornar.

Saúdos cordiais, boas festas do Nadal e venturoso Aninovo,

Vicente Peña Saavedra

Coordinador da RIDPHE para o espazo Ibérico

Visitem também: http://www.um.es/ceme/ - Centro de Estudos sobre a Memória Educativa

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Você pode deixar suas sugestões, dúvidas sobre a postagem.